jueves. 18.04.2024
A residencia Monte Barrio, en Riós.
A residencia Monte Barrio, en Riós.

A residencia Monte Barrio de Riós agarda o comezo das obras que duplicarán as súas prazas de residentes, pasando das 40 actuais a polo menos 80. Estas melloras, que buscan ampliar as instalacións, están previstas que se inicien antes de que remate este 2022. "Para final de ano cremos que se poderán comezar as obras e a previsión é de que duren un ano", explica José Manuel Barrio, propietario do centro.

A ampliación contará cun investimento de preto dun millón de euros e busca que a residencia sexa máis accesible ao contar con maior número de prazas. "Temos unha lista de espera moi grande e gañar espazo axudaríanos a reducila. Estamos nunha fase de crecemento", engade Barrio. Dispoñer de maior número prazas permitirá que os maiores da contorna que precisen deste tipo de atención, non teñan que buscala en lugares afastados.

 

Barrio recalca que tanto usuarios como o persoal está "moi contento" e a ampliación non só dará maior cobertura de usuarios, tamén xerará novos postos de emprego. "Desde fai un tempo contamos cun equipo de traballo e dirección moi bo, pero contamos con poder contratar a máis persoas cando rematen as obras", afirma o propietario de Monte Barrio.

 

Os "competitivos" prezos facilitan o interese das familias que precisan dos seus servizos, de aí a alta demanda de prazas. Estes móvense dos 1.199 para persoas non dependentes ata os 1.699 nos dependentes de grao 3, todos con IVE inclusive. Entre os servizos dos que dispoñen de atención médica, fisioterapia ou animación sociocultural, entre outras. O persoal tamén é variado, co obxectivo de cubrir todos os servizos.

Para máis información sobre a residencia Monte Barrio de Riós pódese contactar nos números 988 594 497 ou no 647 933 173.

NOTICIAS VERÍN | A ampliación da residencia Monte Barrio de Riós comezará a final de ano