jueves. 25.04.2024
Casa consistorial do Concello de Oímbra. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Casa consistorial do Concello de Oímbra. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

A xunta de Goberno do Concello de Oímbra vén de aprobar este mércores 22 de xaneiro un proxecto co que se pretende levar conexión de banda ancha a todas as aldeas do municipio, polo menos aos principais núcleos de reunión: os seus centros sociais. Segundo confirmou a rexedora local, Ana María Villarino Pardo, a iniciativa, para a que se está procurando financiación e que se someterá ao estudio da Asociación Monteval, xestora dos fondos do plan Leader; persegue dotar a todos os núcleos de poboación do Concello de wifi totalmente de balde e de banda ancha en todos e cada un dos centros socias das localidades

A dispersión xeográfica en Galicia e o declive demográfico están a facer que as principais operadoras de telefonía móbil estén deixando de lado as súas inversións en tecnoloxía para dotar ás aldeas do interior de conexións de Internet de calidade e con servizos similares aos que se poden atopar nas grandes capitais. Movistar hai pouco máis dun mes que comezou a instalar na capitalidade do municipio a fibra óptica, pero, evidentemente, deixará ao resto de núcleos sen un servizo similar ao que ofertará en Oímbra. 

Para subsanar este problema, o Concello de Oímbra que preside Ana María Villarino Pardo quere extender a cobertura dun servizo similar ao de fibra óptica ás aldeas do municipio texendo unha rede dende os puntos máis altos do termo municipal, que permitirá levar un acceso a Internet de banda ancha en cada unha das casas sociais, podendo conectarse a ela ben por conexión inalámbrica (wifi) ou por conexión local (cable directamente ao router).

As aldeas que se verán beneficiadas deste sistema serán todos os núcleos do municipio, ademais da capitalidade, que terá acceso á fibra óptica; esto é: Casas dos Montes, Espiño, Videferre, Rosal, San Cibrao, Rabal, As Chas, A Granxa e Bousés.

Ana María Villarino, a alcaldesa, declarou que ésta "é unha clara aposta máis pola potenciación do noso rural, que ben sendo a nosa prioridade nos pasados mandatos e tamén neste. Darlle a posibilidade de que haxa unha conexión potente e fiable de Internet ás nosas aldeas é un xeito máis de equilibrar os servizos que se ofrecen aos que se poideran obter nunha grande cidade. Os nosos residentes pagan os mesmo impostos, é de recibo que se beneficien dos mesmos servizos", sinalou a rexedora do Concello de Oímbra. 

Oímbra busca financiación para levar wifi gratis a todas as aldeas de municipio