viernes. 19.04.2024
A alcaldesa, Ana María Villarino, visitou a Capela de Santa Ana con membros do colectivo cultural Olimbria.
A alcaldesa, Ana María Villarino, visitou a capela de Santa Ana con membros do colectivo cultural Olimbria.

O Concello de Oímbra xa traballa na reconstrución da capela de Santa Ana, que foi vítima das lapas nun dos grandes incendios que afectaron ó municipio este verán. A alcaldesa, Ana María Villarino Pardo, visitou esta semana a edificación patrimonial acompañada de membros do colectivo cultural Olimbria, co que colaboran no proxecto para darlle de novo vida a esta capela.

O pasado 14 de agosto, un lume comezaba a arder nas Chas, en Oímbra, un dos moitos que afectaron a este concello durante todo o verán. Neste incendio, as lapas calcinaron unhas 70 hectáreas, segundo a Consellería de Medio Rural, e levaron por diante un símbolo relixioso e patrimonial do municipio como é a capela de Santa Ana.

 

Naquel momento, Villarino calificaba este suceso de "desgraza" e aseguraba que a capela sería reconstruída e que a volvería a poñer en pé. Estao cumprindo e os pasos para logralo danse pouco a pouco. Coa axuda do colectivo cultural Olimbria, supervisou os "últimos flecos" do proxecto para arranxala e así iniciar canto antes as obras para a súa reparación. A veciñanza de Oímbra agarda por ela, xa que a Santa Ana é unha das que máis devotos ten no municipio.

O Concello conta co apoio do colectivo cultural Olimbria, que naceu oficialmente no 2018 en torno ao patrimonio local e defende a riqueza arqueolóxica comarcal. A alcaldesa, agradécelles "a súa sensibilidade e interesantes aportacións" no proxecto de reconstrución da capela de Santa Ana, que non tardará en volver a amosar todo o seu esplendor.

 

NOTICIAS VERÍN | Oímbra traballa para reconstruír a calcinada capela de Santa Ana