sábado. 20.04.2024

Oímbra

VÍDEO | Ana Villarino, desolada logo de ver como as lapas devoraron a capela de santa Ana

A alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino Pardo, é moi devota de santa Ana. A de hoxe está sendo unha tarde moi difícil para ela. Tivo que comprobar como un lume que, aparentemente, parecía controlado e non supoña risco para a poboación; calcinaba nun suspiro a capela de santa Ana, todo un símbolo relixioso para a comunidade cristiana de Oímbra. 

 

Non pudo conter as bágoas cando se achegou ao interior da pequena igrexa, totalmente arrasada polas lapas. Unha faísca que prendeu no tellado acabou co interior, todo de madeira, dunha capela cuxos orixes se remontan ao século XV. Promete recuperala. A de hoxe era unha tarde de absoluta desolación para Oímbra pero, moi especialmente, para a súa rexedora, Ana María Villarino Pardo. 

Comentarios
VÍDEO | Ana Villarino, desolada logo de ver como as lapas devoraron a capela de santa Ana