viernes. 19.04.2024
O incendio de Rabal, en Oímbra, tamén afecta a Mandín e Feces de Cima, xa en Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
O incendio de Rabal, en Oímbra, tamén afecta a Mandín e Feces de Cima, xa en Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Os lumes manteñen en vilo aos veciños de Oímbra e aos de Mandín e Feces de Cima, en Verín. Por cuarta xornada consecutiva loitando contra as lapas, o avace contense en 1.400 hectáreas calcinadas en tres incendios que afectan a ambos concellos.

Na tarde de onte decretouse a situación 2 de emerxencia no lume de Rabal, en Oímbra, que se atopa extendido por Verín. Medio Rural solicitou o nivel 2 como medida preventiva dada a proximidade do lume ás vivendas de Feces de Cima. Finalmente, durante a madrugada desactivouse ao controlarse o avance cara o núcleo de poboación.

A xornada de onte foi angustiosa pola súa evolución, condicionada polo forte vento que virou a dirección das lapas. Os refachos fixeron que se aproximara a Feces de Cima e virase de novo cara Portugal, concretamente hacia Lamadarcos. O tráfico entre Mandín e Feces de Cima viuse afectado sobre as 19:00 horas de onte, xa que se cortou a circulación pola proxmidade das lapas.

 

O incendio de Videferre, que se logrou estabilizar na madrugada do luns, finalmente non puido ser controlado e permanece activo con 350 hectáreas queimadas, segundo a última actualización de Medio Rural. No caso de San Cibrao son 400 as afectadas e o de Rabal e Mandín mantense en 750.

NOTICIAS VERÍN | Os tres lumes de Oímbra contéñense en 1.400 hectáreas calcinadas