sábado 19.10.2019
A agrupación, convertida en partido político, quere ser "unha sólida alternativa de Goberno"

Carmen Sola volverá a encabezar a formación Veciños de Monterrei

A agrupación de electores que no seu día concorreu ás súas primeiras municipais, Veciños de Monterrei, vén de convertirse en partido político. Muda a súa forma xurídica, pero non as súas ganas de dar un xiro de 180 graos a política municipal mantendo a que foi no 2015 a súa cabeza de cartel, Carmen Sola. Coincide o anuncio da súa participación nas eleccións locais do mes de maio coa declaración do alcalde, José Luis Suárez, nos xulgados de Ourense, logo de admitiren a trámite un recurso presentado polos primeiros referido aos cobros pola asistencia a comisións de goberno e sesións plenarios do rexedor.

Carmen Sola, candidata á alcaldía por o partido político Veciños de Monterrei.
Carmen Sola, candidata á alcaldía por o partido político Veciños de Monterrei.

Veciños de Monterrei, que así se chamaba aquela agrupación de electores que no 2015 foi unha das sorpresas nas municipais do Concello que preside José Luis Suárez Martínez, volverá a concurrir aos comicios coa mesma cabeza de cartel das anteriores, Carmen Sola, pero agora xa constituídos como partido político. Farano, como así anuncian, porque "queren dar voz á veciñanza e erixirnos como unha sólida alternativa de Goberno fronte á inacción do actual alcalde", din, un rexedor que "lle fallou aos seus votantes, entre outras cousas, por os cobros da súa participación nas comisións ou as asignacións de dietas de dubidosa regularidade", apuntan dende a novo formación política da comarca.

Veciños de Monterrei quixo facer coincidir a súa confirmación como forza que concorrirá ás eleccións locais horas antes de que José Luis Suárez Martínez compareza como testemuña nos xulgados da capital de Ourense logo de que se admitirá a trámite un recurso da mencionada formación despois de "comprobarmos como xa no mes de xullo de 2015, o alcalde fixaba para si mesmo unha asignación de 200 euros por cada reunión, fronte aos 80 que percibirían os concelleiros", sinalan. Segundo Carmen Sola, "existen sentenzas do Tribunal Supremo que declaran contrario a dereito establecer diferentes contías por asistencia a xuntanzas colexiadas, posto que non se supón necesariamente maior traballo de preparación (das mesmas) por quen exerce cargo de maior responsabilidade", recalca Sola.

Rematan anunciando dende Veciños de Monterrei que será a rexeneración democrática a súa bandeira, fronte "ao espírito caciquil que reina actualmente no Concello", asegurando que manterán un fluído diálogo con todos os veciños das parroquias integrantes do municipio.

Carmen Sola volverá a encabezar a formación Veciños de Monterrei
comentarios