sábado. 20.04.2024
Pancarta colocada diante das portas do consultorio. | FOTO: Noelia Caseiro,
Pancarta colocada diante das portas do consultorio. | FOTO: Noelia Caseiro,

Os veciños de Albarellos, no Concello de Monterrei, están convocados esta tarde, ás 20:00 horas na praza Ángel Medeiros da localidade, a unha reunión informativa a que tamén poden asistir todos os representantes municipais na Corporación, todos afectados pola decisión de peche do centro de saúde
Nela abordaranse as medidas de protesta encamiñadas a que a Xerencia do Sergas en Ourense reconsidere a decisión de manter pechadas as instalacións, onde se atende a máis dun milleiro de cartillas sanitarias. 

Todos os médicos e enfermeiras que arestora prestan servizo no centro de saúde de Vilaza, o outro existente no mesmo concello, asinaron un documento xustificando, de xeito sibilino, a determinación de Félix Rubial de non reabrir as instalacións. No seu punto terceiro aseguran que "si se produce un traslado ao consultorio de Albarellos será imposible garantir o protocolo polas características do espacio habilitado en ditas dependencias", recolle de xeito literal o manifesto asinado polos profesionais sanitarios no que se respalda a Rubial para non autorizar a reapertura. 

É curioso comprobar como o máximo responsable da Sanidade galega en Ourense reproduce os mesmos métodos que xa utilizara cando decidíu o peche do paridorio en Verín, apelando á seguridade e cominando aos profesionais sanitarios a que asinasen un documento que sustente a súa decisión. 

Convocada en Albarellos unha asemblea veciñal para decidir as mobilizacións polo peche...