
14:40 do 28 de outubro de 2020
O que é un evidente erro no rexistro dun número de teléfono no historial médico dun paciente convertiuse esta mañá nunha sorprendente mensaxe que recibiu unha veciña da localidade de Guimarei, en Monterrei. A muller, como así ao reflicte a captura do seu terminal móbil, foi notificada ás 10:04 horas deste mércores polo servizo de mensaxería do Sergas do seu negativo en coronavirus cando, como así afirma, "non me sometín a ningunha proba diagnóstica nin nas últimas xornadas nin nunca. O único que fixen foi deixar o meu número hai un par de meses como contacto cando a miña sogra tivo que ser operada, o día 3 de setembro", sinala Nuria Sanmamed moi sorprendida pola recepción da mensaxe.