
00:57 do 18 de agosto de 2020
Tal e como anunciara o rexedor municipal, José Luis Suárez, a médica de Albarellos, María Gallego, acompañada do seu enfermeiro Arturo Baliño, recuperaron este luns a súa habitual consulta na localidade, logo de que as protestas veciñais puxeran en dúbida que unha vez que se pechara por reformas o ambulatorio local, volvese a estar activo.
Unha pequena porta aberta cara a que estaba chamado a ser o despacho da asistenta social do Concello de Monterrei permitiu que se ampliase a superficie adicada ao consultorio, incorporando nesa nova estancia o almacén que demandaban os facultativos.
Unha sala COVID externa fará as funcións ata que non se amplíen as instalacións de xeito definitivo.