
Redacción
22:41 do 11 de agosto de 2021
Un home de 89 anos, da residencia de maiores "Val de Monterrei" que se atopaba ingresado no Hospital de Verín faleceu hoxe, con coronavirus, nunha xornada na que Galicia suma cinco novas mortes (unha delas de onte). O falecido, que foi ingresado onte pola tarde, presentaba patoloxías previas.
Trátase da primeira vida que se cobra nesta "quinta onda" esta residencia, despois do brote rexistrado fai uns días nas súas instalacións. Precisamente, Val de Monterrei ten o maior brote de todas as residencias galegas nesta quinta onda, cun total de 25 contaxiados.