viernes. 19.04.2024
A D.O. Monterrei visitará Vigo o vindeiro luns.
A D.O. Monterrei visitará Vigo o vindeiro luns.

O Túnel dos Viños da Denominación de Orixe Monterrei visitarán a próxima semana Vigo. Despois de facer paradas por urbes como Alicante, San Sebastián, Bilbao e Oviedo, a seguinte será a cidade olívica, que se une ós destinos galegos de Muxía e Cariño.

A D.O. levará máis dunha trintena de viños a Vigo o próximo 31 de outubro, en concreto será na sede do Círculo de Empresarios de Galicia. Alí poderanse degustar os traballos de 20 adegas rexistradas na D.O. Monterrei. A actividade comezará ás 17:00h e os asistentes coñecerán as características do chan e o clima, a cultura vitivinícola do territorio, as diferentes variedades de uva ou as tipoloxías do produto, entre outras cuestións, ata o remate ás 21:00 horas.

Esta iniciativa está destinada ao sector da distribución, canle Horeca, catadores, centros de hostalaría e restauración, entre outros. Os presentes terán a oportunidade de degustar os viños elaborados nos territorios da man das adegas que se suman a este Túnel do Viño en Vigo. Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, Castro de Lobarzán, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Manuel Vázquez Losada e Manuel Regueiro García, son as adegas que amosarán os seu traballos na cidade olívica.

Para obter más información sobre este Túnel do Viño que terá lugar en Vigo o próximo luns pódese chamar ó 606 738 242 ou enviar un correo electrónico ao enderezo [email protected].

NOTICIAS VERÍN | A D.O. Monterrei leva máis dunha trintena dos seus viños ata Vigo