Venres. 29.03.2024
Cartel do Samaín en Albarellos.
Cartel do Samaín en Albarellos.

A noite máis terrorífica do ano está preto e en Albarellos sábeno. Os veciños desta localidade de Monterrei organizarán o vindeiro 29 de outubro un circuíto do terror "máis curto, máis intenso", con motivo do Samaín, no que haberá moitos sustos. O punto de encontro será a praza de Albarellos, onde o horror se desatará ás 20:30h.

As entradas para participar neste evento xa están á venda de forma anticipada nos bares de Albarellos e na tenda de Tirabeke Diseño de Verín. O prezo é de 1 euro, un custo simbólico para financiar os gastos de decorado e para mercar caramelos que se repartirán entre os nenos nas actividades destinadas para eles. Na praza tamén se poderán mercar entradas o propio 29 de outubro dende as 20:00 h. O evento contará con servizo de bar e a xornada estará amenizada pola música de DJ Vidal.

Por outra banda, os cativos tamén festexarán o Samaín en Albarellos, só que o farán durante a mañá. Entre as 10:30h e as 12:00h contarán con varios obradoiros para o seu desfrute con opcións variadas. Un deles será vaciado de cabazas, que terá que levar cada neno, outro de maquillaxe e, finalmente, un de xogos populares.

Estas actividades terán lugar na casa das mulleres rurais e o custo será de 1 euro por cativo. Para participar, deberán anotarse previamente, antes do día 27, mandando un Whatsapp ou chamando ao 649 748 127.

Cartel das actividades infantís con motivo do Samaín en Albarellos.
Cartel das actividades infantís con motivo do Samaín en Albarellos.

 

NOTICIAS VERÍN | Albarellos prepárase para vivir a noite máis terrorífica do ano