jueves. 25.04.2024
Unha das catas organizadas para festexar a Feira do Viño 2021. | FOTO: M. D.
Unha das catas organizadas para festexar a Feira do Viño 2021. | FOTO: M. D.

A Denominación de Orixe Monterrei está de noraboa. Vén de alcanzar o 100% da ocupación na súa alternativa Feira do Viño e, agora, celebra que 11 viños do seu selo foron premiados pola Asociación de Sumilleres de Galicia na última edición do seu concurso 'Distincións Gallaecia'. Dun total de 53 viños que participaron no concurso, foron premiados seis brancos e cinco tintos, algo que enorgullece á presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva: "Queremos felicitar ás bodegas que conseguiron este recoñecemento xa que demostra o gran traballo que veñen realizando durante os últimos anos",  destaca.

Os premiados

Brancos
- Fraga do Corvo Godello 2020 (Fragas do Lecer, S.L.).
- Lobarzán Isaura Godello 2019 (Castro de Lobarzán, S.C.).
- Mara Martín Godello 2020 (Terras do Cigarrón, S.L.).
- O Con da Moura Godello 2019 (Terras do Cigarrón, S.L.).
- Setembro Godello – Treixadura – Albariño 2020 (Bodega Pazo de Valdeconde, S.L.).
- Vía Arxéntea Barrica Treixadura – Godello 2020 (Manuel Guerra Justo).

Tintos
- Crego e Monaguillo Merenzao – Sousón – Mencía – Caíño 2019 (Crego e Monaguillo, S.L.).
- Father 1943 Mencía 2019 2019 (Crego e Monaguillo, S.L.).
- Ladairo Barrica Mencía – Arauxa – Bastardo 2018 (Bodega Ladairo, S.L.).
- Lobarzán Isaura Mencía – Arauxa – Bastardo 2019 (Castro de Lobarzán, S.C.).
- Quérote Barrica Mencía 2018 (Trasdovento, S.L.).

NOTICIAS VERÍN | Os viños da D. O. Monterrei, galardoados no concurso Distincións...