viernes. 26.04.2024
Cartel promocional dos concertos no Castelo de Monterrei o 4 de agosto.
Cartel promocional dos concertos no Castelo de Monterrei o 4 de agosto.

A esplanada da subida ao Castelo de Monterrei será o escenario para acoller o ciclo de concertos Xacobeo no Interior. O próximo 4 de agosto ás 20:00 horas, Uxía & Ruibal e Leilía ofrecerán os seus espectáculos musicais á veciñanza e a todos os que queiran participar nesta actividade cultural de balde.

O Ciclo Xacobeo no Interior aposta pola música en galego e de calidade, pensada para os veciños e visitantes das provincias de Ourense e Lugo. Con este tipo de actividades búscase apoiar á promoción dos entornos rurais polos que pasa o Camiño e así "non centralizar os concertos xacobeos en Santiago de Compostela", como desatacou a directora de Turismo, Nava Castro.

Estes concertos forman parte da programación dos concertosdoxacobeo.gal e contan co apio do Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia. Son toda unha aposta pola cultura galega de calidade que mestura diferentes estilos musicais que viaxan desde o pop ata a trqaición, con paradas na lírica e incluso na parodia e o humor.

LEILÍA

O grupo, formado íntegramente por seis mulleres, nace en 1989 para recuperar a tradición oral galega. Ao son de pandeiretas e voces, medraron atar ser un dos grupos de referencia no mundo do folk galego. Este ano presentan o seu novo traballo chamado "Vidas Cantadas", no que retoman vellas cancións do seu repertorio.

UXÍA & RUIBAL

Este dúo fórmano a galega Uxía e o músico andaliuz Javier Ruibal, que se uniron para crear un novo proxecto conxunto: "De tu casa a la mía". Uxía e Ruibal proveñen da música popular ibérica que se proxecta ao mundo, a través de dúas voces que beben de todo ese acervo que Lorca e Rosalía trasladaron aos seus versos, que son pura musicalidade e inspiración.

NOTICIAS VERÍN | O Castelo de Monterrei acolle un ciclo de concertos do Xacobeo