lunes. 29.04.2024
Marta Novóa, vicepresidenta da Deputación; Nonito Pereira, fillo do homenaxeado; Xosé Lois Foxo, directora da Escola de Gaitas de Deputación, e Gabriel Alén, delegado da Xunta en Ourense.
Marta Novóa, vicepresidenta da Deputación; Nonito Pereira, fillo do homenaxeado; Xosé Lois Foxo, director da Escola de Gaitas de Deputación, e Gabriel Alén, delegado da Xunta en Ourense.

Esta mañá presentábase a programación da Xuntanza Internacional de Gaiteiros; un evento que xa leva 38 edicións e que se celebrará ista fin de semana, convertendo o Castelo de Monterrei na capital mundial da gaita. Nista edición, homenaxearase ó produtor musical Nonito Pereira, ó gaiteiro Henrique Ambite e ó seu fillo Manoel e a Murad Tavarkiladze, gaiteiro de Xeorxia.

Case 40 anos pasaron dende que nacera este importante foro como complemento ás actividades da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense. Dende o 2007 a Acrópole de Monterrei converteuse en sé permanente deste evento, declarado de interese turístico e cultural e escola aberta para os amantes da música de gaita.

A XXXVIII Xuntanza Internacional de Gaiteiros desenvolverase en dúas xornadas, venres 25 e sábado 26 de agosto, nas que se programan conferencias didácticas, exposicións e actividades de carácter científico. O Hospital do Peregrino acollerá a exposición fotográfica sobre a iconografía da gaita en horario de 11:00 horas a 22:00h. 

Programación

Venres 25 agosto 

  • 19:00h: actuacións na Praza da Hermida de Flariz coa participación de: Banda de Gaitas de Flariz, Louis Abgrall & Michel Jammet (Bretaña), Murad Tavartkiladze (Xeorxia), Harpe Diem (Asturias) e Luis Antonio Pedraza (Zamora).

 

Sábado 26 agosto 

  • 11:00h: curso de técnica de Uilleann Pipe a cargo de Alexander Suárez. 
  • 12:00h: acto de homenaxe ao productor musical Nonito Pereira, no Hospital do Peregrino. Conferencias de: 
  • Lolita Surmanidze con Murad Tavartkiladze. Gaitas de Xeorxia: Chiboni e Gudastviri. 
  • Louis Abgrall e Michel Jammet: Binou et Bombarde. 
  • Daniel García de la Cuesta: A iconografía da Gaita nas catedrais de Oviedo e León 
  • 19:00h: a explanada do Castelo de Monterrei acollerá unha tarde musical coas actuacións de: Trompetistas á usanza medieval, Banda de Gaitas Nova Era, Miro Casavella, Basilisa Sotelo (desafíos de Santa Baia de Montes), Louis Abgrall & Michel Jammet (Bretaña), Agrupación musical do Concello de Riós, Fransy González e Davide Salvado, Banda de Gaitas de Flariz, Murad Tavartkiladze (Xeorxia), Os Trouleiros de Medeiros, Alexander Suárez (Cuba), Banda de Gaitas do Concello de Verín, Harpe Diem (Asturias), Zanfonistas da Escola Provincial de Gaitas e Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Ó longo da tarde, farase entrega do recoñecemento a Nonito Pereira e a Henrique e Manoel Ambite, coa actuación de Xosé Casal e José Luis Galán.

NOTICIAS VERÍN | A XXXVIII Xuntanza Internacional de Gaiteiros homenaxeará a Nonito...