
Vai a ser un mes de outubro de 2022 bastante movido na comarca, e regado de alcol. O Concello de Verín, logo do rotundo éxito que amosou a primeira edición da festa da cervexa xa confirmou unha segunda. E o de Monterrei, en colaboración coa Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia -tamén coa intervención da Denominación de Orixe-, vén de anunciar no día de hoxe que tamén nese mesmo mes haberá unha festa da vendima da comarca.
Todas as devanditas institucións acordaron impulsar de novo a Festa da Vendima logo da xuntanza mantida esta mañá en Ourense entre o conselleiro do Medio Rural, José González, e o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e a presidenta da Denominación de Orixe Monterrei, Lara da Silva.
Así, a nova cita prevese para o mes de outubro do ano 2022, concretamente para o día 22 dese mes. O obxectivo é recuperar esta festa de gran interese para a zona, xa que ademais de promocionar o viño desta comarca -que conta con selo de calidade propio- tamén se poñen en valor outros recursos turísticos como a gastronomía, a artesanía, a cultura e o produto local.