
Na xornada de mañá, xoves 27 de agosto, darase comezo á campaña de vendima -no territorio amparado baixo a Denominación de Orixe Monterrei-.
Desta vez, a recolección adiantouse 10 días con respecto á tempada pasada.
A primeira bodega en iniciar as tarefas de recollida da uva neste 2020 será Pazo das Tapias, situada na localidade de Pazos, en Verín.
A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas e está formada por 27 bodegas do val de Monterrei -que abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra e Castrelo do Val-.
As viñas desta Denominación de Orixe ocupan un total de 581 hectáreas de territorio, nas que traballan 389 viticultores.