martes 30/11/21
A oficina de turismo acada un éxito na promoción do patrimonio comarcal

NOTICIAS VERÍN | Máis dun milleiro de persoas visitaron Monterrei en Semana Santa

Participantes nunha visita guiada á acrópole de Monterrei. | FOTO: Cedida.
Participantes nunha visita guiada á acrópole de Monterrei. | FOTO: Cedida.


A oficina de turismo organizou, ao longo da festividade de Semana Santa, diversas actividades co fin de divulgar o inestimable patrimonio de Monterrei. Adoptáronse, para iso, medidas como o aumento de horario de atención ao público, o número de quendas de visitas guiadas e o establecemento dun horario de apertura da igrexa de Santa María de Graza, ofrecendo a posibilidade de visitar o interior. Todo elo respectando as conseguintes prevencións sanitarias, como a limitación do número de persoas participantes nas quendas -unha boa medida, se temos en conta que, dende o mércores 31 de marzo ata o domingo 4 de abril, cubríronse todas as prazas dispoñibles-

 

Oficina de turismo

Segundo comunicado da Oficina de Turismo de Monterrei, a promoción de actividades ó aire libre, seguindo o Camiño de Santiago entre Monterrei e Mixós, espertou a inquedanza entre a xente que se achegou as súas instalacións. Merece mención particular a recepción de consultas sobre arte rupestre, espallado por toda a comarca. Sinalan, así mesmo, a consolidación do espazo do Hospital da Trinidade.

 

Visitantes

No mesmo comunicado indicase que se superou o milleiro de persoas -segundo os datos aportados tanto na oficina de turismo como no Hospital da Trinidade-, aos que habería que engadir a todos aqueles (moitos) que non deixaron referencia neses lugares. Debido ao peche perimetral da Comunidade Autónoma, a práctica totalidade dos visitantes procedían de Galicia, incluídos varios grupos de peregrinos facendo o Camiño de Santiago, tanto a pé como en bicicleta. Tamén se puido contar a un bo número de familias en autocaravanas, e outros que optaron polos aloxamentos da zona.

NOTICIAS VERÍN | Máis dun milleiro de persoas visitaron Monterrei en Semana Santa
comentarios