martes. 16.04.2024
Antonio Pérez Simón.
Antonio Pérez Simón.

Localizado Antonio Pérez Simón, o veciño de Medeiros que levaba desaparecido dende as 15:00 horas desta tarde.

Tras varias horas de búsqueda por parte dos seus familiares estes decidiron avisar ós servizos de emerxencias, uníndose a pesquisa a Garda Civil de Verín e a Protección Civil de Cualedro-Monterrei.

Finalmente, Antonio P.S. foi atopado por un axente da Garda Civil as 18:45 horas, nuns camiños nos que xa se perdeu noutra ocasión, debido a que adoita desorientarse cando sae pasear, e non é a primeira vez que desaparece do seu domicilio.

O 28 de xuño de 2020, o home saiu a camiñar despois de xantar, e tras ver que non regresaba, a súa irmá notificou a súa falta. Nesta ocasión atopouno un familiar cerca da localidade de Medeiros, onde desaparecera; pero fontes de Protección Civil alegaron que xa se perdera tamén 2 anos antes, e que o encontraran a 10 quilómetros de onde fora visto por último vez. 

Localizado o ancián de Medeiros que desapareceu por segunda vez nun ano