
17:19 do 25 de agosto de 2021
A Consellería de Política Social vén de informar da negativización de catro dos cinco casos que todavía permanecían activos de residentes no complexo Val de Monterrei.
Arestora, só unha persoa usuaria da residencia permanece con Covid. O municipio vén tamén de rexistrar unha considerable caída nos casos activos. Este mércores son só dous os pacientes con coronavirus en Monterrei.
Nesta última onda da pandemia, Val de Monterrei rexistrou máis de 20 casos de coronavirus e foron dous os falecementos. O pico desta vaga rexistrouse o pasado 10 de agosto, con 25 positivos.