
18:20 do 3 de marzo de 2022
Novo repunte no cómputo global de casos na comarca de Verín nas últimas 24 horas, co Concello de Monterrei capitaneando a maior subida: seis positivos.
Os segundos en medrar foron Castrelo do Val e Verín, con tres novos diagnósticos activos en cada territorio. A boa nova corre, desta vez, por Cualedro, que volve a ser concello libre da Covid - 19.
Así queda a estadística este 3 de marzo, por concellos:
- Castrelo do Val: nove (tres máis)
- Cualedro: CERO (rebaixa dous dende onte)
- Laza: nove
- Monterrei: 18 (+ 6)
- Oímbra: un
- Riós: catro
- Verín: 59 (+ 3)
- Vilardevós: cinco (+ 1)
- A Gudiña: tres (+ 1)
- A Mezquita: tres (+ 1)