
21:45 do 10 de xuño de 2019
O concello de Monterrei abriu o prazo de inscrición para os nenos que queiran apuntarse ao Campamento de Verán 2019.
O prazo para poder matricularse pechará o 27 de xuño. O campamento conta con 30 prazas para Albarellos e 15 para Medeiros e estas estarán limitadas por orde de inscrición, tendo prioridade os nenos empadroados no concello.
Os rapaces farán actividades, xunto cos profesionais que os monitoricen, entre as 10:30 h e a 13:30 h, iniciándose o 1 de xullo e rematando o 23 de agosto.