
A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz serán algúns dos motivos para lembrar o pasado 30 de xaneiro e que os nenos do CEIP de Medeiros (Monterrei) e o CRA Monterrei -que inclúe alumnos das aulas de Vilaza, de Vences e de Pazos- conmemorarán este luns dende as 10:30 horas no primeiro dos centros escolares.
O 30 de xaneiro conmemórase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869 - 1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica frente as inxusticias, ata que foi asasinado precisamente por defender esas ideas.
Raquel Queizás presentará en Medeiros o seu espectáculo "Somos Iguais - Contos pola Igualdade".
Este luns, os cativos de Medeiros, Vilaza, Pazos e Vences terán un especial protagonismo na súa particular conmemoración. Arrincarán os actos pasadas as 10:30 horas, coa presencia da actriz verinense Raquel Queizás, que traerá ata as instalacións do centro un dos seus espectáculos, "Somos Iguais - Contos pola Igualdade", cos que tentará que a cativada asistente derrube algúns dos esteriotipos que a sociedade lle implatou xa a tan curtas idades.
Logo, interpretarase un cántico en pro da non violencia e, máis tarde, os cativos pintarán un mural reivindicativo e perenne coa conmemoración do 30 de xaneiro como principal fonte de inspiración.