Xoves. 28.03.2024
FB_IMG_15576792070787069
A gañadora coa súa obra.

O 11 de maio celebrouse a segunda edición do Concurso de Pintura na Acrópole de Monterrei, que se pechou con Ana Isabel Arias López coma gañadora do primeiro premio. En segundo e terceiro lugar obsequiáronse as obras de María del Pilar Salgado de Dios e Xandre Otero Paz.

FB_IMG_15576792436796858

Un total de sete persoas asistiron ao concurso, que comezou ás 11:00 h e rematou ás 18:00 h, onde os participantes presentaron os seus traballos no patio das Damas do Castelo de Monterrei para a deliberación do xurado, composto pola gañadora da pasada edición Manuela Sánchez, o artista ourensán Xose Rivada e Sindy Manso coma representante do Concello de Monterrei.

O Concurso de Pintura é unha actividade organizada pola oficina de Turismo do Concello de Monterrei, contando coa colaboración da Deputación de Ourense e de diversas empresas da comarca de Monterrei, coma a Panadería Germán, Panadería Álvarez, Terra do Baronceli, Adega Tapias Mariñán, Adega Boo Rivero e Adega Vía Arxéntea.

Ana Isabel Arias López gaña o II Concurso de Pintura da Acrópole de Monterrei