domingo. 19.07.2026
Os eventos son cancelados por mor da vaga de lumes

Sen Xornadas de Folclore en Viana nin Ponte Farruca en Laza

Xornadas Folclore canceladas e Ponte Farruca 2025 posposto
Ambos eventos ían celebrarse ista fin de semana.

No contexto da situación actual de emerxencia na provincia polos incendios forestais, a Deputación de Ourense, en coordinación co Concello, decidiu cancelar o espectáculo previsto para hoxe venres en Viana. Tamén son cancelados os espectáculos que se ían celebrar mañá sábado na Rúa e o luns 18 na Pobra de Trives.

O resto de actuacións dos grupos de folclore na provincia mantense polo de agora, pendentes da evolución dos lumes en Ourense para tomar as decisións máis axeitadas. Ademáis, na actuación prevista para mañá sábado ás 22.30 horas na praza maior do Carballiño, actuarán os 6 grupos participantes nas Xornadas de Folclore e debido a que se amplía o número de participantes, o espectáculo será na praza da Veracruz.

A romaría Ponte Farruca, posposta

Tamén a organización do festival Ponte Farruca, que se ía celebrar en Laza esta fin de semana, anunciou que a romaría queda posposta, pendentes de poñer unha nova data cando a situación o permita. A asociación A.C.enLAZAdos, encargada de organizar o evento, anunciou a cesión de todos os alimentos, a auga e os recursos preparados para a festa ás brigadas, bombeiros e equipos de apoio que están a traballar na extinción dos lumes que asolan a comarca.

Sen Xornadas de Folclore en Viana nin Ponte Farruca en Laza