
Pese as choivas rexistradas na tarde de onte, o lume que se iniciou na noite do mércores en Camba, mantivo o seu avance. Medio Rural informou esta mesma mañá que se estima que unhas 1.350 hectáreas arderon neste incendio de Laza, aínda que evoluciona "favorablemente cara a estabilización".
Sobre o terreo xa se atopa de novo a Brif de Laza, despois de que onte tiveran que parar os traballos por culpa da treboada e víronse na obriga de refuxiarse debaixo dunha motobomba. Ás nove da noite regresaron a base e sobre as 12:30 desta mañá volveron para continuar a loita contra este lume. Xunto a eles, mobilizáronse ata o de agora a 17 axentes, 31 brigadas, 22 motobombas, 2 pás, unha unidade técnica de apoio, 3 avións e 6 helicópteros.
#Brif Laza trabajando un día más en la extinción de incendio de Camba, Laza #IFCambaLaza
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) August 11, 2022
Así se encuentra el incendio a nuestra llegada. pic.twitter.com/NW7KinR5Wh
A primeira hora da tarde de onte solicitouse o nivel 2 de emerxencia como medida preventiva polo avance das lapas cara o núcleo de Taboazas, en Chandrexa de Queixa. Finalmente, puidose desactivar a solicitude preto das oito da tarde ó remitir o perigo.