
A treboada chegou ata o lume de Camba, en Laza, onde os brigadistas da Brif do concello se viron na obriga de refuxiarse debaixo dunha motobomba. O resto de efectivos, tanto terrestres como aéreos, marcharon e eles quedaron "tirados" na zona do incendio.
Os brigadistas tiveron que agardar máis dunha hora e media ata que os compañeiros os puideron recoller en vehículo. Pasadas as nove da noite, iniciaron o seu regreso a base tras un día "muy duro y complicado" loitando contra o lume de Camba.
A treboada, que chegou con choiva, non foi suficiente para apagar as lapas. O que si lograron foi reducir a súa intensidade e frear o desbocado avance. Medio Rural xa desactivou o nivel 2 de emerxencia ao remitir o perigo para o núcleo de Taboazas, no concello de Chandrexa de Queixa. A superficie afectada provisional segue a ser dunhas 740 hectáreas.
#Brif Laza tenemos que refugiarnos de la tormenta debajo de la motobomba. No llovió mucho, incendio de Camba, Laza sigue activo pero con menos intensidad. Finalmente se va todo el mundo, hasta la motobomba...y nos quedamos tirados, sin helicópteros, sin vehículos, sin nada... pic.twitter.com/qk8EmHErH4
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) August 10, 2022