
O lume orixinado na noite de onte en Camba, Laza, avanza sen control pese aos esforzos dos medios de extinción. Medio Rural acaba de confirmar que solicitan o nivel 2 de emerxencia como medida preventiva pola proximidade do lume ó núcleo de Taboazas, no concello lindeiro de Chandrexa.
Ata o de agora, a superficie afectada estímase nunhas 740 hectáreas e os intentos de atallalo están a ser complicadas os efectivos. A Brif de Laza atópase sobre o terreo e recoñecen as dificultades que se están atopando polo terreo e pola climatoloxía, na que o vento non axuda, pero de momento, as técnicas que van aplicando están a surtir efecto.
#Brif Laza seguimos aplicando fuego técnico (contrafuego) en el incendio de Camba, Laza #IFCambaLaza
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) August 10, 2022
De momento no se produjo ningún salto y la estrategia sale a la perfección. 🤞 pic.twitter.com/obwlM6iLOu