jueves. 30.05.2024
Imaxe do lume que está afectando a Camba, en Laza.
Imaxe do lume que está afectando a Camba, en Laza.

Os montes da Camba, en Laza, son un verán máis pasto das lapas. Onte ás 22:01 horas declarouse un incendio que arestora segue activo e totalmente fóra de control. Medio Rural estima que a superficie afectada é xa dunhas 740 hectáreas, segundo a súa última actualización.

 

Ata o de agora, os medios mobilizados para a súa extinción son 11 axentes, 15 brigadas, 10 motobombas, 2 pás, 2 avións e 3 helicópteros. Ademais, nesta mañá solicitouse a intervención da Brif de Laza, que traballa para atallar este lume. Á súa chegada, calificaron de "brutal" o comportamento que presenta este incendio e isto impídelles poder aproximarse ás lapas

 

Nesta nova intervención da Brif de Laza, que onte xa se despregaron no lume de Casaio, en Carballeda de Valdeorras, participan 18 bombeiros forestais e 2 helicópteros.

O outro lume da comarca, o rexistrado o pasado mércores de forma intencionada en Verín, segue controlado desde o luns. A superficie afectada mantense en 600 hectáreas.

NOTICIAS VERÍN | O lume cébase un verán máis con Camba, en Laza