jueves. 25.04.2024
Albert Keith Foo premio medicina rural
Albert Keith Foo no acto de entrega da Bolsa de Medicina Rural celebrado en Lugo. | FOTO: Sergas Ourense.

O centro cultural “O Vello Cárcere” de Lugo era o escenario do acto de entrega. Albert Keith Foo, médico do Centro de Saúde de Laza, desprazábase ata a cidade da muralla romana para recoller, oficialmente, o premio que recoñece o seu proxecto de formación de profesionais médicos no rural.

A Beca de Medicina Rural é otorgada pola Asociación de Médicos Galegos e a Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia, co patrocinio de laboratorios Menarini. Nesta segunda edición, premiaron como mellor proxecto a idea de Albert Keith Foo de crear unha aula de formación en ecografía clínica no Centro de Saúde de Laza.

Onte celebrábase o acto oficial en Lugo, pero Laza leva acollendo residentes e médicos de familia no ámbito rural xa dende o mes de marzo. Son moitas as solicitudes para formarse que chegan de toda Galicia e do resto de España, tantas que xa ten o cupo de candidatos completo ata o vindeiro ano.

O Centro de Saúde de Laza convértese en epicentro da visibilización da mediciña rural. Non só por atraer profesionais médicos ó rural para formarse en ecografía clínica, tamén por traballar en prol da inclusión das novas tecnoloxías no rural.

NOTICIAS VERÍN | Albert Keith Foo recolle o premio ó seu proxecto de medicina rural en...