Xoves. 07.07.2022
José Ramón Barreal Novo, voceiro do PP no Concello de Laza.
José Ramón Barreal Novo, alcalde de Laza.

O sindicato nacionalista CIG vén de facerse eco da nova adiantada por este dixital logo de coñecerse a denuncia pública da formación Xuntos por Laza, na que cuestionaba o proceso selectivo de membros do GES no que un dos aspirantes, con "escasa formación específica e ninguna experiencia" -segundo asegura o voceiro de Xunto, Jorge Lorenzo-, obtivo as máximas cualificacións tanto na proba escrita como na práctica. 

A CIG vén de solicitar de xeito formal perante o Concello de Laza que se lles facilite copia íntegra do expediente do proceso selectivo, se convoque a comisión de control e se suspenda, de xeito cautelar, o procedemento "en canto non sexa ditaminado o que corresponda pola Comisión de Control de Procesos Selectivos", din nun comunicado. 

A CIG pide que se suspenda de xeito cautelar a selección de membros do GES de Laza
comentarios