Luns. 04.07.2022
Parque móbil do GES de Laza. |  FOTO: cedida.
Parque móbil do GES de Laza. | FOTO: cedida.

O voceiro da formación independente Xuntos por Laza, Jorge Lorenzo, vén de rexistrar unha petición no Concello de Laza para que se lle permita revisar o expediente do proceso selectivo iniciado para cubrir vacantes do Grupo de Emerxencias Supramunicipais e completar a bolsa de emprego do mesmo colectivo. 

Segundo din, "resúltanos moi sospeitoso que na proba tipo test, un dos aspirantes sen nengunha formación nin experiencia previa nas funcións do posto ofertado, obteña 9 puntos sobre 10, fronte os 6,20 que acadan os seguintes, entre os que figuraban aspirantes con experiencia e coñecementos específicos para o posto ofertado", apunta Lorenzo Vila. 

O que fora tenente de alcalde de Laza no bipartito cos socialistas vai máis alá e destaca a puntuación obtida por ese mesmo aspirante na proba práctica: "Un dos aspirantes, que resulta ser o mesmo que saca a mellor nota no exame teórico, de novo sin experiencia algunha na materia, obtén 10 puntos nas probas de ambulancia, autobomba e na denominada ERA (...), cando había aspirantes que probablemente deberían de estar máis familiarizados cos materiais empregados nelas, por traballar previamente neste servizo e que acadaron notas de cero ou inferiores a 5", asegura Lorenzo Vila. 

Xuntos por Laza denuncia que un aspirante ao GES "sen experiencia" obtén todo deces nas...
comentarios