jueves. 18.04.2024
Contos que pretenden concienciar sobre o respecto á natureza e manualidades con cartolinas o venres, 8 de novembro

A Biblioteca de Verín organiza unha nova tarde de contacontos e manualidades para os máis pequenos

Para participar é necesario inscribirse. A actividade de lecer está pensada para nenos e nenas con idades comprendidas entre os tres e os 9 anos que sexan socios da Biblioteca Municipal de Verín.

BMV_Contacontos_Moucho_20191109
Tarde de contacontos e manualidades na Biblioteca Municipal de Verín o venres, 8 de novembro.

Será o vindeiro venres, 8 de novembro, cando a Biblioteca Municipal de Verín volte ofrecer unha tarde de contacontos e manualidades para a cativada. Dirixida a nenas e nenos socios da Biblioteca con idades comprendidas entre os tres e os 9 anos, a actividade utiliza o xogo para ensinarlles ós máis pequenos o respecto pola natureza.

O moucho que padecía de insomnio é un contacontos que promove a concienciación sobre o medio natural e sobre os valores humanos. Realizada ó abeiro do Programa de Voluntariado Cultural para o Fomento á Lectura que a Biblioteca Municipal de Verín desenvolve dende hai xa 10 anos, serán os propios voluntarios e voluntarias da Biblioteca os encargados de pór en marcha unha actividade que terá lugar dende as 18:00 horas ata as 19:30 horas.

Rapazas e rapaces de entre 9 e 17 anos que forman parte da gran familia de voluntarios que, xunto co persoal da Biblioteca Municipal, traballan en prol do fomento da lectura entre a cativada da bisbarra. Para poder participar no contacontos O moucho que padecía de insomnio e nas manualidades que se realizarán con cartolinas, é necesario inscribirse previamente na propia Biblioteca de Verín. 

A Biblioteca de Verín organiza unha nova tarde de contacontos e manualidades para os...