As persoas usuarias do Centro de Día Solleira de Verín e o alumnado do CEIP O Castiñeiro de Laza protagonizaron unha xornada de xogos interxeracionais no Parque da Alameda de Verín, nunha actividade colaborativa que reuniu a maiores e nenos e nenas nun espazo compartido de convivencia e lecer ao aire libre.
A xornada, celebrada nun ambiente festivo e participativo, combinou xogos tradicionais e dinámicas grupais pensadas para fomentar o encontro e o vínculo entre distintas xeracións. As persoas usuarias do centro de día e o alumnado do colexio de Laza comparteron actividades, risas e momentos de convivencia que converteron o parque nun punto de encontro interxeracional.
A iniciativa enmárcase nas propostas de colaboración entre centros educativos e servizos de atención a maiores da comarca, co obxectivo de promover relacións significativas entre persoas de diferentes idades e de achegar ao alumnado á realidade das persoas maiores do seu contorno.
Xogo interxeracional na Alameda de Verín entre o Centro de Día Solleira e o CEIP O Castiñeiro de Laza. | Fotos: Anabel G. Simón.
Nenos e maiores comparten unha mañá de actividades ao aire libre no parque verinense.
Persoas usuarias do Solleira, algunhas en cadeira de rodas, participando con entusiasmo nos xogos.
Os xogos e as dinámicas grupais, protagonistas da xornada interxeracional.
Un momento de risas no Parque da Alameda de Verín.
Un usuario do Solleira e un alumno do Castiñeiro, fronte a fronte, xogando xuntos.
