Preto de catrocentas persoas participaron este sábado na primera edición da festa da vendima recuperada pola Consellería de Medio Rural, Deputación de Ourense, Concello de Monterrei e a denominación de orixe.
Aínda que se cumpriron as previsións de chuvia, que caiu con forza nalgúns momentos, os principais actos previstos pola organización -a carrexa da uva dende a finca experimental de Deputación e o seu posterior pisado- desenroláronse con toda normalidade e causaron unha excepcional expectación entre os presentes baixo a carpa instalada aos pés do castelo. Foron as dúas xugadas de vacas chegadas dende Chantada parte dos protagonistas, como tamén a música tradicional -algunha con representación do veciño Portugal- e, como non, o viño e o porco ao espeto, que xeraron algunha que outra longa espera nos postos de distribución.
O conselleiro de Medio Rural, José González, participou activamente en todos os actos. Estivo ben acompañado, entre outras, polas alcaldesas de Oímbra ou Riós -Ana María Villarino Pardo e Eva Barrio López- ou o rexedor de Vilardevós, Manuel Cardoso Pérez. A Deputación de Ourense estivo representada pola directora xerente do Inorde, Enma González Diéguez.
A música tradicional non faltou na primeira Festa da Vendima.
FOTOS: Xosé Lois Colmenero.
A primera xugada de vacas, ca uva da finca do Inorde.
Lara Da Silva, presidenta da D. O.; José González, conselleiro de Medio Rural; Manuel Cardoso, alcalde de Vilardevós; Ana María Villarino, alcaldesa de Oímbra, e Eva Barrio, rexedora de Riós.
O conselleiro, cunha cativa nos brazos, achegándoa á "Moura".
Un dos momentos de maior expectación: a chegada da xugada de vacas.
Lara Da Silva, presidenta da D. O., á dereita, foi unha das que pisaron a uva.
O posto da denominación de orixe ofreceu viño a fartar.
Colas agardando polo bocadillo da carne do porco ao espeto.
Logo de beber e xantar, unha sobremesa con churros e chocolate de Churrería González, por se se quedou con fame.
Germán García Aguirre, de Panadería Germán, preparou unha empanada conmemorativa.
O exalcalde de Monterrei, José Luis Suárez Conde.
Aníbal Blanco, á dereita, das adegas Tapias Mariñán.
Manuel Pardo, chófer do conselleiro, marchou para a casa sen gravata.
Natalia González e Lara Da Silva, da denominación de orixe Monterrei.
