jueves. 18.07.2024
A Mezquita

FOTOGALERÍA | En Chaguazoso, a patrulla "Basuraleza" atopou de todo

Esta fin de semana un grupo de voluntarios e voluntarias participaron na "Ruta da Basuraleza" organizada pola Comunidade de Montes de Chaguazoso, en colaboración co Concello da Mezquita. Máis de 25 persoas acudiron á chamada para recoller lixo nos montes da localidade... e atoparon de todo.

Foi preciso un remolque para trasladar a gran cantidade de restos e desperdicios encontrados polos participantes na ruta: desde bicicletas ata bidóns, rodas, motores de coche, patinetes e, como non, un somier. Iso sen contar as numerosas bolsas que acumularon cos refugallos pequenos.

A iniciativa foi moi ben acollida polos participantes, grandes e pequenos traballaron a reo nunha xornada posta en marcha co obxectivo de limpar os montes de Chaguazoso e, tamén, de concienciar da necesidade de coidar a natureza e de non converter os montes en vertedoiros ilegais.

Patrulla basuraleza Chaguazouso - A Mezquita (1)
1 / 13

O grupo de voluntarios de limpeza dos montes de Chaguazoso logo da recollida de lixo. | FOTOS: Cedidas.

Patrulla basuraleza Chaguazouso - A Mezquita (5)
2 / 13
Patrulla basuraleza Chaguazouso - A Mezquita (6)
3 / 13
Patrulla basuraleza Chaguazouso - A Mezquita (4)
4 / 13
Patrulla basuraleza Chaguazouso - A Mezquita (7)
5 / 13
Patrulla basuraleza Chaguazouso - A Mezquita (8)
6 / 13
Patrulla basuraleza Chaguazouso - A Mezquita (9)
7 / 13
Patrulla basuraleza Chaguazouso - A Mezquita (2)
8 / 13
Patrulla basuraleza Chaguazouso - A Mezquita (10)
9 / 13
Patrulla basuraleza Chaguazouso - A Mezquita (3)
10 / 13
Patrulla basuraleza Chaguazouso - A Mezquita (11)
11 / 13
Patrulla basuraleza Chaguazouso - A Mezquita (12)
12 / 13
Patrulla basuraleza Chaguazouso - A Mezquita (13)
13 / 13
FOTOGALERÍA | En Chaguazoso, a patrulla "Basuraleza" atopou de todo