jueves. 25.04.2024

Vilardevós

VÍDEO | O capitán da Guardia Civil José Luís Casas, medalla de honra do Concello de Xinzo

Despois de que na sesión plenaria do xoves se aprobase o expediente de honra ao capitán da Garda Civil, José Luís Casas, o salón de plenos de Xinzo foi esta mañá o escenario do acto de entrega da Medalla do Concello a este profesional e ao que asistiu o subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso.

A súa dedicación en prol da seguridade dos veciños foi recalcada pola alcaldesa, Elvira Lama: "Dende a súa chegada a este pobo mostrou a súa entrega incondicional a unha profesión para a que fai falla moita vocación. Puxo o todo o seu empeño en colaborar cos diferentes alcaldes e con esta alcaldesa en canto á seguridade cidadá. A súa total disposición 24 horas e sete días á semana está fóra de toda dúbida. A corporación quere expresar o agradecemento de todo un pobo á súa traxectoria con este acto sinxelo pero emotivo”.

Natural de Vilardevós (1970), superou a oposición no corpo da Benemérita, e tralo seu paso pola Academia de Baeza (Jaén) e un ano de garda en prácticas no posto de Riós, foi nomeado Garda Civil profesional.

En 2010 ascendeu a tenente e obtivo destino na Compañía de Celanova como adxunto da mesma e con sede en Xinzo. O ascenso a capitán chegou o 6 de setembro de 2020, polo que vén de conseguir o seu primeiro destino no cargo.

Comentarios
VÍDEO | O capitán da Guardia Civil José Luís Casas, medalla de honra do Concello de Xinzo