Martes. 16.08.2022

Vilardevós

VÍDEO | "Levo máis dun ano agardando a que Seaga roce a miña finca"

Son moitas as causas dun lume, e algunhas delas quedan perfectamente explicadas neste vídeo. Manuel González Lorenzo é un prexubilado que reside en Vilardecervos (Vilardevós). A consideración de parroquia de alta actividade incendiaria levouno a que se adherise ao programa da Xunta de Galicia e da Fegamp, polo que a empresa designada pola Administración autonómica, Seaga, limparía a súa finca por 350 euros/hectárea I.V.E. engadido. 
Manuel González pagou en maio do 2021. E en xullo de 2022 viuse na obriga de solicitar a devolución dos cartos. Seaga, case un ano e medio despois, non rozou a súa finca. 

O rexedor do Concello de Vilardevós, Manuel Cardoso, coincidía con Manuel este mércores na estrada que comunica Vilardecervos e Feces de Cima, xa no Concello de Verín. González Lorenzo axudaba nas labores de extinción do lume, identificado como #IFRabalOímbra e que arrasou con 1.800 hectáreas de monte, a maioría delas no municipio de Verín, pola súa propagación. 

Cardoso recoñecía que "é certo que Seaga no está cumprindo os compromisos. Comezaron este ano -enfatizaba- a limpar o contratado do ano pasado pola Bemposta -a parroquia de Osoño é outra das consideradas prioritarias-. Farteime de chamar a Seaga, á Consellería para denunciar este retraso. É evidente que faltan recursos e medios para combatir esta lacra do lume, e que eses medios teñen que vir a través dun plan estatal de loita contra o lume", sinalaba o rexedor. 

Galicia, e España, viven xornadas históricas de vagas de lumes. A falta de investimento é tal que non só se perciben dificultades nas tarefas de extinción. A prevención está chegando tarde -"este ano ata nos chegou tardísimo o convenio para pór en marcha as brigadas forestais", apuntaba Cardoso Álvarez-.

As consecuencias páganas, coma sempre, as vítimas indefensas: os administrados que vén perigar ata as súas vivendas, como ocorreu en Mandín (Verín) ou Videferre e San Cibrao (Oímbra) nos últimos cinco días

comentarios
VÍDEO | "Levo máis dun ano agardando a que Seaga roce a miña finca"