Venres. 29.03.2024

Vilardevós

DENDE O AR | A Fervenza da Cidadella - Concello de Vilardevós

Non había dúbida na redación de Diario do Támega de cal sería o primeiro destino desta nova sección que hoxe estreamos. Tiña que ser Vilardevós e, como non, a súa extraordinaria fervenza. 

Dá igual que sexa 15 de agosto ou 11 de maio, calquera día é o indicado para percorrela e gozar dunhas vistas, sinxelamente, impresionantes. 

Se queren seguir coñecendo o noso patrimonio, só teñen que seguirnos nas nosas redes sociais (Facebook, Twitter, ou mesmo subscribirse na nosa canle de Youtube).

Para chegar ata ela fisicamente -que é como máis sorprende-, bastará con abandonar a A - 52 na saída 155 en dirección a Vilardevós e, dende alí, camiño da aldea de Soutochao. Uns catro kilómetros máis adiante, nun desvío á dereita perfectamente indicado, comeza a paisaxe que hoxe lle amosamos. 
 

Comentarios
DENDE O AR | A Fervenza da Cidadella - Concello de Vilardevós