jueves. 25.04.2024

Verín

O vindeiro 1 de xullo será a festa do comercio de Aever polas rúas de Verín

Este mércores, presidente e xerente de Aever, Santos Álvarez e José Ángel Rodicio presentaron, acompañados polo concelleiro de Feiras do Concello de Verín, Manuel Lorenzo Feijóo, unha nova campaña de animación nas rúas da vila co único propósito de promever, nesa xornada, un maior número de ventas.  

"Eu merco en Verín", que así se deu en chamar a campaña de promoción das ventas contará con inchables -tamén de auga- e xogos interactivos para os máis cativos nun total de 11 estacións por todo Verín, concretamente en Praza Maior, Praza da Merced, Praza do Concello, Cruce principal (Rúa Lisa con Luis Espada), Estrada de Castela, Rúa Deputación, Pavillón dos Deportes e Rúa Maior.

As actividades estarán dispoñibles, en horario de mañá, de 11:00 a 13:30 horas, e de tarde de 17:30 a 20:30 horas.

Para participar será preciso, inicialmente, mercar nos comercios de Verín ata xuntar un mínimo de 3 tickets. Os tickets canxearanse na carpa de Aever situada na praza do Concello de Verín. O mecanismo é o seguinte: 

  • Horario de mañá: Deberán entregarse 3 tickets + 5€  e realizar o canxe na Plaza do Concello na carpa de Aever, para conseguir a pulseira de cor azul, que lle dará a posibilidade de ir a tódalas actividades durante o horario de mañá.
  • Horario de tarde: 3 tickets + 5€  e realizar o canxe na Plaza do Concello, na carpa de Aever, para conseguir a  pulseira de cor verde, que lle dará a posibilidade de ir a tódalas actividades  durante o horario de tarde.
  • Todo o día: deberán entregar 3 Tickets + 7€  e realizar o canxe na Plaza do Concello, na carpa de Aever, para conseguir a pulseira de cor vermella, que lle dará a posibilidade de ir a tódalas actividades durante o horario de todo o día.

A carpa estará aberta unha hora antes do inicio das actividades.

Na paxina web da asociación disporán dunha aplicación para facer a reserva e compra das entradas.

 

 

Comentarios
O vindeiro 1 de xullo será a festa do comercio de Aever polas rúas de Verín