Domingo. 27.11.2022

Verín

VÍDEO | A segunda Festa da Cervexa de Verín augura un novo éxito cun cheo na súa inauguración

A Festa da Cervexa de Verín xa está en marcha. A carpa instalada na Preguiza logo se encheu nesta xornada inaugural ata completar o aforo de 2.500 personas, porque ninguén se quere perder esta cita que vai no camiño de superar o éxito da súa primeira edición no 2021. Emilia Somoza, concelleira de Cultura e responsable da súa organización, fala de todos os esforzos por lograr que este festexo teña lugar na vila e repita, comezando a ser unha cita clave na axenda cultural da localidade. Cervexa, gastronomía e moita música mestúranse neste evento que pon o punto e final ó verán.
comentarios
VÍDEO | A segunda Festa da Cervexa de Verín augura un novo éxito cun cheo na súa...