Venres. 29.03.2024

Verín

VÍDEO | Periga polo lume o núcleo de Feces de Cima: decretada a Situación 2

A Consellería do Medio Rural vén de decretar como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo pola proximidade do lume ao núcleo de Feces de Cima, no concello de Verín.

Este incendio entrou de Portugal ás 15,23 h. do luns e permanece activo arestora. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 2 técnicos, 7 axentes, 19 brigadas, 16 motobombas, 5 avións e 2 helicópteros.


O lume que onte pola tarde cruzaba a fronteira segue activo e próximo, aínda que non dun xeito tan perigoso, ás poboacións agora de Mandín -de novo- e de Feces de Cima, no Concello de Verín. 

A dirección do aire muda cada pouco tempo e leva as lapas a mercede. Agora (19:00 horas), van camiño da veciña localidade portuguesa de Lamadarcos

A carretera entre Mandín e Feces de Cima, en Verín, estaba a esa hora cortada ao tráfico. 

Comentarios
VÍDEO | Periga polo lume o núcleo de Feces de Cima: decretada a Situación 2