miércoles. 24.04.2024

Verín

VÍDEO | Os Reis Magos visitan aos nenos da nosa comarca!

Levan días preparando esta visita e... Aquí están! Chegaron os reis! Onte planeaban con moito agarimo a súa ruta pola nosa Comarca. Comezaron en Oímbra, acompañados pola alcaldesa, Ana Villarino, e viaxaron polas aldeas do mubicipio de arriba a abaixo! Descenderon a montaña e pararon a saudar e agasallar aos cativos que acudiron á súa chamada. Bousés foi unha das primeiras paradas.

En Monterrei, xa que o día se estaba a por un pouco escuro, decidiron recibir aos nenos na pista cuberta de Guimarei. Chamaron un por un aos pequenos e pequenas e deron algún que outro doce. Axudados polos particulares paxes dese momento, os traballadores do concello e voluntarios de protección civil.

Tamén visitaron, como non, a aldea de Laza. Recibiron no edificio multiusos aos nenos das aldeas do Riós. E aínda lles quedou tempo de pasar pola Mezquita, onde as condicións meteorolóxicas non acompañaron demasiado, e Viana do Bolo! Con moito estilo polo que podedes ver, a bordo de fermosos coches clásicos. Un citroen 11 lixeiro, un seat 124 e un citroen GS. Se é que... A parte de magos, teñen moi bo gusto!

Máis tarde o tempo mellorou e decidíronse a celebrar o seu clásico desfile pola vila de Verín. Percorreron as rúas repartindo caramelos e dirixíronse ao concello, onde recibiron aos máis novos e recolleron as cartas cos máis prezados desexos... E ti? Entregaches a túa? Que xa están a vir! Feliz noite e día de Reis todos!
Comentarios
VÍDEO | Os Reis Magos visitan aos nenos da nosa comarca!