sábado. 20.04.2024

Verín

VÍDEO | Manuel Fornos, de pintor a carpinteiro afeccionado: "Retomei de maior o que de neno sempre foi a miña ilusión"

Manuel Fornos é un xubilado verinés que pouco pensa en descansar. Aos seus 76 anos e despois de media vida adicado á pintura e decoración de vivendas, gasta o seu tempo de lecer na súa maior ilusión: a carpintaría. Esa paixón lévao a fabricar figuras de madeira que ben poderían estar nunha galería de exposición. Terreo non descoñecido para el xa que, dende finais dos anos 70, tamén pinta verdadeiras obras de arte -disciplina que, por certo, tampouco abandonou-. A maioría delas, adornan hoxe en día o seu fogar.

Buxainas, 'yoyós', escachanoces... Son algúns dos artiluxios que ten no seu poder e que ocasionalmente obsequia aos seus familiares e amigos máis achegados. Tal e como el mesmo di, "non é o agasallo, é o tempo que adico a facelo. O tempo é o mellor regalo que lle podemos facer a alguén". Hoxe, ese tempo foi adicado ao equipo do Diario do Támega e non podemos sentirnos máis agradecidos. Tamén pola buxaina que nos fabricou. Queredes ver como se fai? Dádelle ao play!

Comentarios
VÍDEO | Manuel Fornos, de pintor a carpinteiro afeccionado: "Retomei de maior o que de...