martes. 23.04.2024

Verín

NOTICIAS VERÍN | Uns 500 inscritos botaron a andar esta mañá cara o Pozo do Demo

Record de inscritos nesta nova edición da andaida do Pozo do Demo que está mañá celebrou a súa décima edición. Unhas 500 persoas partiron puntualmente, ás 10:00 horas, dende a porta do pavillón polideportivo de Verín camiño do emblemático lugar que lle dá nome á proba e que terá como destino o punto de partida, onde os agardaba un xantar para todos os participantes. 

 

 

O percorrido foi de 16 quilómetros, que comezaron recorrendo as rúas de Verín camiño de Cabreiroá e o Monte Maior. Tras ascender ao Pozo do Demo, os inscritos tiveron que tomar a ruta do mal paso dirección Tamagos, onde estaba ubicado o avituallamento. Despois seguiron a ruta do Camiño de Santiago ata Cabreiroá, pasando pola Casa da Inquisición, para chegar finalmente o Pavillón Municipal de Deportes.

Comentarios
NOTICIAS VERÍN | Uns 500 inscritos botaron a andar esta mañá cara o Pozo do Demo