sábado. 20.04.2024

Verín

NOTICIAS VERÍN | Arrinca a construción da rotonda de Queizás coa estrada ao Polígono

Este mércores, operarios dunha empresa externa comenzaban co movemento de terras preciso para a construcción da rotonda que comunicará a Nacional 532, na localidade de Queizás, coa estrada que conecta a mencionada vía co Polígono de Pazos

Logo das primeiras actuacións, será un equipo de operarios municipais os que rematen a obra, que se prevé esté finalizada nas vindeiras dúas semanas. As previsións que manexa o grupo de Goberno é que a pavimentación do entorno da nova rotonda e a comunicación entre ela e a ponte do Polígono poda executarse a próxima semana

O voceiro da oposición, Juan Manuel Jiménez, nada máis ter coñecemento de que comezaban os traballos, dirixiu un escrito ao Concello de Verín solicitando copia dos diferentes informes e expedientes que soporten esas obras. 

Comentarios
NOTICIAS VERÍN | Arrinca a construción da rotonda de Queizás coa estrada ao Polígono