sábado. 20.04.2024

Verín

Medio Rural abre a nova Oficina de Extensión Agraria no Polígono de Pazos

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo secretario xeral técnico da Consellería, Nicolás Vázquez, polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane,
visitou hoxe as novas dependencias da Oficina Rural da localidade. Un proxecto no que se investiron preto de 255.000 euros e que busca mellorar a atención á cidadanía do rural nesta contorna. 

Posteriormente, o conselleiro supervisou as obras da nova sede do Distrito Forestal XIV Verín-Viana e do Centro de Coordinación do Distrito, onde xa se acometeron melloras e se implementará unha Base de Unidade Operativa (BUO) cun investimento próximo aos 500.000 euros.
 

Comentarios
Medio Rural abre a nova Oficina de Extensión Agraria no Polígono de Pazos