Venres. 29.03.2024

Verín

VÍDEO | María Pazos: "O secreto para chegar aos 103 anos é traballar moito"

María Pazos Fidalgo vén de cumprir o pasado día 16 de agosto nada menos que 103 anos. A súa familia, como xa é habitual, festexouno tentando facela sentir coma unha raíña. 

Naceu na Pousa, en 1919. Viviu dúas guerras, unha delas mundial, aínda que cando chegou ao mundo se sufrían as consecuencias da primeira. Tivo catro fillos, un deles se se presentase para alcalde en Betanzos gañaría por maioría absoluta: é o rei das tortillas, pero en Verín. Perdeu ao seu home moi cedo, ese ebanista de Vilela que "escolleu" na escaleira da casa. 

Ten gravado a lume lembranzas, as que máis, as máis duras, como cando consolaba a un veciño que a acompañou a buscar algo de pan para comer ao outro lado da fronteira e un despiadado "guardinha" llo quitou. E así, outros tantos, que lle veñen á cabeza aos poucos. Ser centenaria máis tres é o que ten. 

Unha vez que se coñece a María, pódese engadir un ingrediente máis á receita da lonxevidade: o sorriso. 

Velaí o vídeo que nos deixou. Parabéns, María e grazas, Manuel

Comentarios
VÍDEO | María Pazos: "O secreto para chegar aos 103 anos é traballar moito"