O Concello de Verín presentou esta mañá no Salón de Actos da Casa da Cultura o programa oficial de actividades para as festas do Lázaro, que terán lugar os vindeiros 25 e 26 de marzo.
Dende a mítica feira de artesanía e alimentación, pasando por actividades de ocio para tódalas idades, actuacións musicais, competicións de natación e ata unha mostra de vehículos novos e de ocasión, son algunhas das propostas que conforman a programación deste ano.
Tampouco faltarán actividades para os máis cativos, xa que durante as dúas xornadas de feira realizaranse actividades destinadas ós nenos e nenas con distintos xogos e manualidades.
- O programa é o seguinte:
Sábado 25 de marzo:
Mostra de vehículos novos e de ocasión na Rúa Irmáns Moreno en horario de: 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 h
10:30 - Torneo Escolas Deportivas de Natación
16:30 - Partido de Veteranos de fútbol: A.D. Veteranos Verín - G.D. Chaves no Complexo Deportivo de A Granxa
17:30 h - II Festival de Bandas de Música da Vila de Verín na Praza da Mercé
21:00 h - Orquesta Claxxon na Praza García Barbón
01:00 h - Orquesta Claxxon na Praza García Barbón
Pavillón de Deportes:
10:00 h - Apertura do recinto feiral
11:00 h - Cata de queixos de cabra confitados de Queixería Gaia
12:00 h - Inauguración oficial e Banda de gaitas do Concello de Verín
13:00 h - Obradoiro de inicio á costura en fieltro
14:00 h - Peche do recinto
16:00 h - Apertura do recinto feiral
17:00 h - Obradoiro infantil "Plástico Mágico"
18:00 h - Obradoiro infantil "Xogo tres en raia"
19:00 h - Charla-demostración "Propiedades e Beneficios das pedras máxicas"
20:00 h - Show-cooking
21:00 h - Peche do recinto
Domingo 26 de marzo:
Mostra de vehículos novos e de ocasión na Rúa Irmáns Moreno en horario de: 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h
17:00 - Pasarrúas a cargo do grup Tómalle Outra (Dende Praza García Barbón ata Pavillón Municipal de Deportes)
19:30 - Orquesta Olimpus na Praza García Barbón
Pavillón de Deportes:
10:00 h - Apertura do recinto feiral
11:00 h - Cata de queixos de cabra confitados de Queixería Gaia
12:00 h - Obradoiro infantil e adulto de cerámica
13:00 h - Cata Armonía de viños da Denominación de Orixe Monterrei
14:00 h - Peche do recinto
16:00 h - Apertura do recinto feiral
16:00 h - Obradoiro de inicio á costura en fieltro
16:30 h - Obradoiro infantil "Plástico Mágico"
17:30 h - Show-cooking
18:30 h - Obradoiro adultos "Broche de bonecas"
19:30 h - Entrega premio mellor stand e diplomas de participación
20:00 h - Peche do recinto