Gerardo Seoane, alcalde de Verín, José Miñones, Delegado do Goberno e Emilio González, Subdelegado do Goberno, tiveron unha mañá ocupada na vila. Visitaron a ponte de Queizás, concluída en marzo para conectar o polígono de Pazos coa Nacional 532 e cuxa construcción foi cofinanciada entre o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), pertencente ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o Concello, con 800.000 euros de aportación estatal.
Visitaron tamén o parque da preguiza onde se levarán a cabo os traballos de limpeza en ambas beiras do río támega que xa anunciou o propio alcalde neste diario e onde, ademais, está proxectada unha ponte que, xunto coa de Queizás, teñen como obxectivo liberar o centro da vila dunha parte importante do tráfico rodado para poder acometer os traballos de humanización das principais rúas de verín.